Unha baralla de cartas pódese converter nun gran recurso. Permítenos practicar conceptos matemáticos como maior, menor e realizar operacións básicas.
Un dos xogos que vos propoñemos é o da CARTA MÁIS ALTA.
Normas:
1- Repartir todas as cartas entre os xogadores
2- Cada xogador pon o seu mazo boca abaixo diante del.
3- Todos os xogadores toman á vez a carta de arriba do seu mazo e danlle a volta.
4- Gaña quen levante a carta co nº maior e obtén todas as cartas levantadas.
5- Gaña o xogador que ao final consiga máis cartas.
Unha variante sería xogar á CARTA MÁIS BAIXA.
Tamén se poden practicar OPERACIÓNS BÁSICAS ,neste xogo tamén se reparten todas as cartas entre os xogadores, coma no xogo anterior, cada xogador pon o seu mazo diante del e o mesmo tempo todos os xogadores danlle a volta á súa 1ª carta, o que empeza debe calcular o resultado da operación que se acordara( suma, resta...),si acerta leva todas as cartas.
Outros xogos que tamén resultan divertidos e adaptados aos nen@s destas idades son a escoba ou o cinquillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario