Hoxe propoñémosvos ideas para facer os típicos coellos de Pascua. Para a súa elaboración utilizaremos materiais reciclados que, estamos segur@s, que podedes atopar pola casa.
Para esta 1ª proposta necesitades : un rolo de papel hixiénico partido á metade, un folio branco, pegamento e cores.
Cubride os rolos de papel hixiénico co folio branco, pegade as pezas unha enriba da outra, na peza de arriba pintade os ollos e o fociño e, por último, engadide as orellas e as patas.
Para facer este orixinal coello necesitamos: un calcetín vello, fío, uns puñados de arroz, un anaco de algodón, cores e cintas ou anacos de tea vellos.
Neste vídeo explícasevos, dun xeito sinxelo, como facelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario