Mostrando entradas con la etiqueta ciencias da natureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencias da natureza. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

Dende o Rosalía ata o espazo: Actividade 10


O universo tamén foi motivo de inspiración para algún dos pintores máis famosos. Un exemplo é Miró, este pintor xunto con Dalí,  ao que xa coñecedes, é un dos pintores españois máis coñecidos en todo o mundo. 
A Miró tamén lle gustaba pintar o mundo dos soños e o do universo porque o mundo real, as veces, non lle gustaba.
Nas Constelacións, una serie de 23 obras pequenas, Miró pinta o espazo  no que aparecen representados o ceo, a lúa, as estrelas, o sol..



Nesta imaxe tedes unha obra pertencente a esta serie. Animádesvos a facer a vosa versión da mesma? 

miércoles, 17 de junio de 2020

Dende o Rosalía ata o espazo: actividade 9


Animádevos a realizar as seguintes actividades interactivas e poderedes demostrar todo o que sabedes do Universo.
          

           Actividade  1 : os planetas

           Actividade 2: movementos da Terra

           Actividade 3: as estacións

           Actividade 4: a lúa e o espazo

miércoles, 10 de junio de 2020

Dende o Rosalía ata o espazo: actividade 7

Nesta actividade propoñémosvos a realización dunha historia no voso caderno seguindo a estrutura que vos presentamos a continuación:



Ademais, tamén vos propoñemos  unha introdución ás constelacións a través das seguintes actividades


lunes, 8 de junio de 2020

Dende o Rosalía ata o espazo: actividade 6

Hoxe tócalle a quenda ao noso planeta.
A Terra tamén se move, no seguinte vídeo descubrirás cales son os movementos que fai e que dan orixe á sucesión do  día e a noite e as estacións do ano.

A continuación, fíxate ben na seguinte imaxe e despois fai clic nela para acceder a nosa proposta de hoxe.



lunes, 1 de junio de 2020

Dende o Rosalía ata o espazo: actividades 3-4 (ciencias -lingua galega)

Continuamos coa lúa!!
Prestade atención a este vídeo onde nos explican os movementos da lúa, as súas fases e outras curiosidades sobre o noso satélite.
Agora collede  un folio ou cartolina e debuxade as catro fases da lúa. Para representar a lúa  tedes moitas posibilidades: podedes empregar cores, papel de aluminio, galletas oreo abertas á metade, galletas untadas con  queixo ou manteiga, mini baby-bel... A continuación amosámosvos unha imaxe que pode ilustrar esta actividade:



 A lúa tamén está presente na literatura e son moitos os poemas adicados a ela. Este da escritora galega Marica Campo é un exemplo .  Despois de lelo coa entoación axeitada, copiádeo  e ilustrádeo  para incluílo  no caderno do proxecto “ Dende o Rosalía ata o espazo”.






domingo, 31 de mayo de 2020

Dende o Rosalía ata o espazo: actividade 2 (lengua castellana- valores)


Pinchando en esta imagen,  podréis acceder a la historia de un ratoncito al que le encanta la luna y que se acuesta pensando lo mucho que le gustaría tener un pedacito de ella.


 Después de escuchar el cuento, completad la ficha que aparece a continuación.



También os proponemos una portada y una contraportada para las actividades de este proyecto:






miércoles, 27 de mayo de 2020

Dende o Rosalía ata o espazo

Neste novo proxecto propoñémosvos viaxar polo espazo para coñecer un pouco máis do universo que nos rodea. Iniciamos a viaxe cun vídeo introdutorio sobre o Sistema Solar, o cal poderedes ver clicando na seguinte imaxe:



Ademais, animámosvos a realizar as seguintes actividades interactivas:

Actividade 1: O sistema solar


lunes, 25 de mayo de 2020

Rexistro semanal de comidas

A continuación propoñémosvos nas seguintes imaxes unha actividade semanal na que deberedes recoller as comidas que facedes ao longo do día. Despois podedes contrastar esta información coa obtida na Pirámide dos alimentos para ver se a alimentación que estamos a levar a cabo ten moitos alimentos saudables ou pola contra estamos a consumir alimentos pouco saudables. 




A pirámide dos alimentos


Aquí vos deixamos a pirámide dos alimentos. Recordade que os alimentos canto máis  preto estean do pico da pirámide, menos se deben consumir e canto máis na base, máis veces ou cantidade se poden tomar. Por último, facer fincapé no que está por debaixo da base da pirámide, que se refire a uns hábitos de vida saudables: beber a auga necesaria, facer actividade física e manterse activo, bo estado anímico... elementos necesarios para que todo o que inxerimos como alimento redunde na nosa saúde. E recordade que o segredo para unha boa dieta é que sexa equilibrada e variada. 

sábado, 16 de mayo de 2020

OS NOSOS ECOSISTEMAS

Esta semana traballamos moito para aplicar o que sabemos sobre os animais e as plantas, e sobre o seu hábitat.
O resultado son estes fermosos ecosistemas que queremos amosarvos. 
INCLUSO ALGÚN VAI CON EXPLICACIÓN!!
SE FACEDES "CLICK" SOBRE AS FOTOS, NALGUNHAS ATOPAREDES A SORPRESA!
Hai varios vídeos agochados. A ver cantos atopades!