Nesta actividade propoñémosvos a realización dunha historia no voso caderno seguindo a estrutura que vos presentamos a continuación:
Ademais, tamén vos propoñemos unha introdución ás constelacións a través das seguintes actividades
Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega 1º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega 1º. Mostrar todas las entradas
miércoles, 10 de junio de 2020
miércoles, 20 de mayo de 2020
Crea o teu menú
Seguide os pasos que vos presentamos para crear dous menús, con cadanseus pratos. Tamén lle tedes que poñer bebidas e sumar o prezo de cada menú para calcular a conta. Podedes facer o voso propio deseño da carta de menú, o que poñemos na segunda imaxe é só para orientarvos. Bo proveito!!
martes, 19 de mayo de 2020
Vídeo das palabras favoritas para as Letras Galegas
No seguinte vídeo podedes ver as vosas palabras favoritas nesta pequena actividade para conmemorar as Letras Galegas 2020.
martes, 28 de abril de 2020
martes, 21 de abril de 2020
lunes, 20 de abril de 2020
Día da árbore: 21 de abril de 2020
Hoxe celebramos o día da árbore. Esta celebración é un recordatorio da importancia de protexer os nosos bosques; pois, como podedes ver neste vídeo, as árbores son moi importantes para a conservación do medio ambiente.
Propoñévosmos que debuxedes nun folio ou nunha cartolina unha árbore xigante. Escribide, na súa copa, algúns dos beneficios que nos aportan as árbores e no tronco unha mensaxe de compromiso sobre o seu coidado.
domingo, 19 de abril de 2020
jueves, 16 de abril de 2020
Tarefa 2 Caderno "A auga nas letras"
Na seguinte imaxe tedes o enlace da segunda actividade do caderno de "A auga nas letras". Esta actividade está pensada para realizala en lingua galega. Estaremos pendentes para ver con qué adiviñas nos sorprendedes.
miércoles, 15 de abril de 2020
lunes, 13 de abril de 2020
Actividade Lingua Galega: Convertémonos en Dalí
Hoxe imos coñecer un dos pintores españois máis famosos: SALVADOR DALÍ.
Naceu en Figueres, un pobo de Cataluña. Descubriu a pintura de moi novo e aos 10 anos pintou o seu primeiro cadro. Nas súas obras mestúrase a realidade e os soños. A súa obra é coñecida en todo o mundo.
Atentos a este outro vídeo, nel tamén parecen máis imaxes e obras de Dalí . Escoitade a canción que sona, interpretada polo grupo Mecano, que a compuxo á súa morte.
Ímonos inspirar nunha das súas obras máis coñecidas: “Muchacha en la ventana”
Xórdennos varias preguntas: “Que estará a ver esta rapaza?” “Que hai fóra desa ventá?” “Por que esta aí?”
Nestas datas nas que a maioría de persoas o único contacto que temos co exterior é a través da fiestra, ides representar o que vedes a través da vosa. Podedes empregar a técnica e materiais que queirades( cores, teas, recortes revistas...).
Despois debedes acompañar a vosa creación cunha breve descrición, con arredor de 3 frases, onde poñades o qué podedes ver, se vos gusta mirar pola fiestra, qué pasa fóra...
Ánimo e mans á obra!!
martes, 31 de marzo de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















































