Hoxe imos coñecer un dos pintores españois máis famosos: SALVADOR DALÍ.
Naceu en Figueres, un pobo de Cataluña. Descubriu a pintura de moi novo e aos 10 anos pintou o seu primeiro cadro. Nas súas obras mestúrase a realidade e os soños. A súa obra é coñecida en todo o mundo.
Atentos a este outro vídeo, nel tamén parecen máis imaxes e obras de Dalí . Escoitade a canción que sona, interpretada polo grupo Mecano, que a compuxo á súa morte.
Ímonos inspirar nunha das súas obras máis coñecidas: “Muchacha en la ventana”
Xórdennos varias preguntas: “Que estará a ver esta rapaza?” “Que hai fóra desa ventá?” “Por que esta aí?”
Nestas datas nas que a maioría de persoas o único contacto que temos co exterior é a través da fiestra, ides representar o que vedes a través da vosa. Podedes empregar a técnica e materiais que queirades( cores, teas, recortes revistas...).
Despois debedes acompañar a vosa creación cunha breve descrición, con arredor de 3 frases, onde poñades o qué podedes ver, se vos gusta mirar pola fiestra, qué pasa fóra...
Ánimo e mans á obra!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario