miércoles, 23 de diciembre de 2020

Benvidos/as ao noso recuncho!


Benvidos/as a todos/as ao noso blogue Rosalía na Casa! Con esta nova ferramenta pretendemos ter un contacto máis estreito coas familias e cos nenos/as de 1º e 2º do CEIP Rosalía de Castro de Lugo. Aquí poderanse ver enlaces e recursos para que o noso alumnado poida traballar contidos académicos dunha forma lúdica e motivadora. Tamén nos poderedes contar as vosas experiencias e como estades a levar esta situación tan extraordinaria que estamos a vivir. Tan só comentarvos que todas as actividades que propoñamos a través desta canle non serán obrigatorias para  o traballo académico dos nenos/as; este blogue nace como unha ferramenta para estar en contacto e dar recursos ás familias para levar o mellor posible o traballo académico cos vosos fillos/as nesta circunstacia tan excepcional.

domingo, 20 de diciembre de 2020

Nota importante sobre as imaxes


Aviso importante: nos próximos días proporemos  actividades nas que os nenos/as poderán enviar fotos dos traballos realizados. Hai que ter en conta que este é un blogue que pertence ao grupo de Google, polo tanto todas as fotos que se suban serán propiedade desta compañía. Se as familias queren subir fotos nas que aparezan os seus fillos/as, poden facelo sen ningún problema baixo a súa responsabilidade; pero tamén se poden enviar fotos nas que apareza só o traballo realizado co nome do alumno/a que o realizou. As familias escollen a forma de participar.