Mostrando entradas con la etiqueta Semana das Letras Galegas". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana das Letras Galegas". Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2020

jueves, 14 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 5


Rematamos a Semana das letras Galegas!!
 Chegou a hora de que amosedes se sodes expertos e coñecedes, como tamén o coñecía Ricardo, a este animal.
Aquí vai o reto que vos propoñemos para hoxe.

miércoles, 13 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 4



LETRAS GALEGAS 2020

Xa sabedes que o vindeiro 17 de maio celebramos o Día Das Letras Galegas.
Por certo: lembrades por que se celebra todos os anos en Galicia nese día?

Pois direivos que foi porque un 17 de maio, no ano 1863, apareceu publicada por primeira vez Cantares Gallegos, unha das principais obras de Rosalía de Castro, e que sería tamén de grande importancia para Galicia.
Por iso, cada ano, nesa data lembramos a un escritor ou unha escritora importante na nosa cultura e literatura galegas.

Este ano adícaselle a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.
Para coñecer quen era ese home e por que foi importante para Galicia, podedes ver un vídeo feito por uns nenos e nenas coma vós, pinchando no enlace que vai a continuación. Nel aparece unha referencia a un colexio de Lugo... A ver se o atopades! E ao rematar, tedes tamén un xogo:

VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO


Como se vos conta no vídeo anterior, unha das súas obras máis famosas é a de "As pitas baixo a  choiva". Podedes ver tamén aquí o vídeo deste conto:




E finalmente tedes unha unhas actividades interactivas sobre el:

AS PITAS BAIXO A CHOIVA: ACTIVIDADES INTERACTIVAS


Se queredes seguir traballando sobre este autor ou sobre "As pitas baixo a choiva" podedes pinchar en entradas anteriores. Tamén na marxe dereita tedes un cadro das Letras Galegas con diferentes enlaces.


lunes, 11 de mayo de 2020

Semana das Letras Galegas II

 Neste vídeo podedes ver unha adaptación da obra  "A pitas baixo a choiva".  
Podedes debuxar a parte do conto que máis vos gustou. Non esquezades  poñer o título da obra na parte superior o debuxo. 

domingo, 10 de mayo de 2020

Semana das Letras Galegas I


O vindeiro 17 de mayo celebrase o “día das letras galegas”. Este ano  está adicado  ao escritor Ricardo Carvalho Calero pola súa defensa do idioma galego e da súa cultura.
  
Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. De pequeno estudou en Ferrol. Ao acabar o bacharelato marchou á universidade de Compostela. Escribiu en moitas revistas galegas e sempre defendendo o idioma e a cultura galega. Tamén é autor de moitos libros de poemas, teatro, relatos...

As pitas baixo a choiva, dirixido aos máis pequenos, cóntanos un feito que lle pasou a Ricardo cando era neno. Quería recoller as pitas que se estaban a mollar no patio. Ao final do relato estaban todos mollados como pitos: as pitas, el e toda a súa familia.
 Pincha na imaxe para ver a nosa proposta de actividade