Nesta nova entrega de actividades para semana santa tiñamos pensado un bingo, pero será un bingo especial, onde os números dos cortóns van ser operacións (sumas, restas...) sen resultado indicado. Imos ver cómo o podemos facer.
Para empezar debemos preparar o material, o cal estará en
función do que xa teñades (p. ex., se xa tedes o bombo coas bólas podedes aproveitalas para sacar os números) e tempo do que dispoñades.
1. Necesitaremos os números (do 1 ao 99, do 1 ao 50, do 20 ao 60… segundo vós prefirades xogar). Cun número escrito nun papel e despois dobrado servirá perfectamente para xogar.
2. Temos que crear os cartóns: 9 cadrados con sumas/restas… pero sen o resultado, só coa operación a realizar (como se pode observar na imaxe). Prestade atención que en cada cartón non vaian todos os números seguidos (p.ex. 20+1; 20+2;20+3...), mesturádeos (p.ex: 20+3; 41+4; 50+7...)

Para xogar empregamos a dinámica xa coñecida, iranse sacando números (p. ex. pepeliños dobrados nunha caixa de zapatos que se van sacando un a un coa man) e no cartón revisaranse as operacións para ver se o temos e para marcalos.
Para que poidamos xogar e empregar os cartóns varias veces, as operacións pódense
tapar con un obxecto (chapas, tapóns…)
No hay comentarios:
Publicar un comentario