Prestade atención a este vídeo onde nos explican os movementos da lúa, as súas fases e outras curiosidades sobre o noso satélite.
Agora collede un folio ou cartolina e debuxade as catro fases da lúa. Para representar a lúa tedes moitas posibilidades: podedes empregar cores, papel de aluminio, galletas oreo abertas á metade, galletas untadas con queixo ou manteiga, mini baby-bel... A continuación amosámosvos unha imaxe que pode ilustrar esta actividade:
A lúa tamén está presente na literatura e son moitos os poemas adicados a ela. Este da escritora galega Marica Campo é un exemplo . Despois de lelo coa entoación axeitada, copiádeo e ilustrádeo para incluílo no caderno do proxecto “ Dende o Rosalía ata o espazo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario