Aquí vos deixamos a pirámide dos alimentos. Recordade que os alimentos canto máis preto estean do pico da pirámide, menos se deben consumir e canto máis na base, máis veces ou cantidade se poden tomar. Por último, facer fincapé no que está por debaixo da base da pirámide, que se refire a uns hábitos de vida saudables: beber a auga necesaria, facer actividade física e manterse activo, bo estado anímico... elementos necesarios para que todo o que inxerimos como alimento redunde na nosa saúde. E recordade que o segredo para unha boa dieta é que sexa equilibrada e variada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario