lunes, 11 de mayo de 2020

PROXECTO "MASTERCHEF NO ROSALÍA"

Imos empezar un novo proxecto sobre os alimentos titulado “ MasterChef no Rosalía”.
Neste proxecto, veremos os grupos de alimentos, a súa orixe, analizaremos os etiquetados, elaboraremos menús…
Pinchade a seguinte imaxe e veredes a nosa proposta de actividade para hoxe.
  


Semana das Letras Galegas II

 Neste vídeo podedes ver unha adaptación da obra  "A pitas baixo a choiva".  
Podedes debuxar a parte do conto que máis vos gustou. Non esquezades  poñer o título da obra na parte superior o debuxo. 

REPASO RESTAS CON DECENAS


domingo, 10 de mayo de 2020

Semana das Letras Galegas I


O vindeiro 17 de mayo celebrase o “día das letras galegas”. Este ano  está adicado  ao escritor Ricardo Carvalho Calero pola súa defensa do idioma galego e da súa cultura.
  
Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. De pequeno estudou en Ferrol. Ao acabar o bacharelato marchou á universidade de Compostela. Escribiu en moitas revistas galegas e sempre defendendo o idioma e a cultura galega. Tamén é autor de moitos libros de poemas, teatro, relatos...

As pitas baixo a choiva, dirixido aos máis pequenos, cóntanos un feito que lle pasou a Ricardo cando era neno. Quería recoller as pitas que se estaban a mollar no patio. Ao final do relato estaban todos mollados como pitos: as pitas, el e toda a súa familia.
 Pincha na imaxe para ver a nosa proposta de actividade

O HÁBITAT DOS ANIMAIS E DAS PLANTAS: CREAMOS ECOSISTEMAS

Deixámosvos unha proposta sobre o hábitat dos animais e as plantas:

Pinchade enriba da foto e teredes un repaso sobre os ecosistemas máis o reto que vos propoñemos.

Tamén atoparedes información adicional sobre o tema pinchando na palabra ECOSISTEMAS e nos seguintes vídeos: 


jueves, 7 de mayo de 2020

As plantas e a súa utilidade

Xa sabedes que as plantas son moi importantes e delas obtemos un montón de produtos, materiais, alimentos.. No seguinte  vídeo podedes  coñecer máis sobre a súa importancia.

Na seguinte imaxe podes ver a actividade proposta en relación a este tema.

Tarefa 5: Caderno"A auga nas letras"

Para rematar o noso libro da “Auga nas letras” ímonos fixar en ditos ou frases feitas, relacionadas coa auga e que empregamos no noso día a día. A imaxe que vedes a continuación é un exemplo:




“Como dos gotas de agua” significa que dos cosas o dos personas se parecen mucho.

Podéis preguntar a vuestros mayores  o investigar en internet tres dichos relacionados con el agua, los escribís en vuestro cuaderno, explicáis su significado y hacéis un dibujo relacionado con  cada uno de ellos.

lunes, 4 de mayo de 2020

CUERPOS GEOMÉTRICOS

Repasa los cuerpos geométricos, haz "click" en la imagen y completa las fichas con objetos que haya en tu casa:




Puedes ver ahora otras figuras hechas con cuerpos geométricos. Identifícalos completando esta otra tarea:









domingo, 3 de mayo de 2020

Oca matemática

Para o xogo da oca matemática necesitades a plantilla do xogo para ver a operación a realizar (ver imaxe), aínda que non fai falla imprimirla, pódense seguir as casiñas coa referencia da imaxe.

XOGO:
- A cada lanzamento do dado avanzarase o número de casiñas que nos saia, pero haberá que  realizar a operación que nos manda a casiña na que caemos, senón volverase á casiña onde se estaba, p.ex. se sacamos un 4 es estamos na casiña 12, temos que avanzar ata a 16 e realizar a operación que aparece ai. Se non se resolve ben a operación, habería que retroceder ata a casiña 12.
- Tedes que acordarvos do número que tedes para continuar o xogo (p.ex. se caemos na casiña número 3 habería que sumar 3+3= 6, e despois continuar o xogo dende ese número; na seguinte tirada sacamos un 4 e iremos a casiña 7, onde temos que restarlle a 6 o número do dado e sumarlle 4,é dicir:  6-4+4=6)


Percorrido das emocións

Instrucións para este xogo de mesa das emocións:
- Tira o dado e move a túa ficha ese número de espazos.
- Le a emoción escrita no cadro e  conta un tempo ou unha situación na que te sentiches así.
- Poden xogar entre 2 e 5 xogadores. Sería convinte que houbera unha figura de xuíz que determine se a situación que se explica representa ben a emoción que se pretende.

Podedes vere o taboleiro na seguinte imaxe:

sábado, 2 de mayo de 2020

BUSCA, ATOPA E COLOREA.

Serás quen de atopar todo o que se propón?

Fíxate ben, pon toda a túa atención e ... ÁNIMO!























E para os máis atrevidos...  Aí vai ese máis dífícil: