domingo, 3 de mayo de 2020

Oca matemática

Para o xogo da oca matemática necesitades a plantilla do xogo para ver a operación a realizar (ver imaxe), aínda que non fai falla imprimirla, pódense seguir as casiñas coa referencia da imaxe.

XOGO:
- A cada lanzamento do dado avanzarase o número de casiñas que nos saia, pero haberá que  realizar a operación que nos manda a casiña na que caemos, senón volverase á casiña onde se estaba, p.ex. se sacamos un 4 es estamos na casiña 12, temos que avanzar ata a 16 e realizar a operación que aparece ai. Se non se resolve ben a operación, habería que retroceder ata a casiña 12.
- Tedes que acordarvos do número que tedes para continuar o xogo (p.ex. se caemos na casiña número 3 habería que sumar 3+3= 6, e despois continuar o xogo dende ese número; na seguinte tirada sacamos un 4 e iremos a casiña 7, onde temos que restarlle a 6 o número do dado e sumarlle 4,é dicir:  6-4+4=6)


No hay comentarios:

Publicar un comentario