miércoles, 13 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Xa sabedes que o vindeiro 17 de maio celebramos o Día Das Letras Galegas.
Por certo: lembrades por que se celebra todos os anos en Galicia nese día?

Pois direivos que foi porque un 17 de maio, no ano 1863, apareceu publicada por primeira vez Cantares Gallegos, unha das principais obras de Rosalía de Castro, e que sería tamén de grande importancia para Galicia.
Por iso, cada ano, nesa data lembramos a un escritor ou unha escritora importante na nosa cultura e literatura galegas.

Este ano adícaselle a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.
Para coñecer quen era ese home e por que foi importante para Galicia, podedes ver un vídeo feito por uns nenos e nenas coma vós, pinchando no enlace que vai a continuación. Nel aparece unha referencia a un colexio de Lugo... A ver se o atopades! E ao rematar, tedes tamén un xogo:

VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO


Como se vos conta no vídeo anterior, unha das súas obras máis famosas é a de "As pitas baixo a  choiva". Podedes ver tamén aquí o vídeo deste conto:




E finalmente tedes unha unhas actividades interactivas sobre el:

AS PITAS BAIXO A CHOIVA: ACTIVIDADES INTERACTIVAS


Se queredes seguir traballando sobre este autor ou sobre "As pitas baixo a choiva" podedes pinchar en entradas anteriores. Tamén na marxe dereita tedes un cadro das Letras Galegas con diferentes enlaces.


No hay comentarios:

Publicar un comentario