lunes, 6 de abril de 2020

Xogos para semana santa I

Aquí vos deixamos un par de xogos para facer estes días.

En primeiro lugar gustaríanos recuperar o xogo do Matamoscas, que foi a primeira entrada do blog, co cal vos podedes divertir repasando calquera contido que queirades (mates, linguas, ciencias...).

En segundo lugar, gustaríanos propoñer un xogo tan clásico coma inesgotable: o Tangram. Aquí vos propoñemos facer un tángram caseiro, a partir dun folio; o ideal sería facelo nun material máis duro (cartolina, goma-eva, cartón pluma...), pero isto deixámosllo aos profesionais (podedes ver unha maneira máis elaborada de facelo aqui). Nós debemos adaptarnos ao material que temos nas casas e cun folio en branco coloreado de diferentes cores serviríanos perfectamente para ter o noso propio tangram.


Obviamente esta actividade está pensada para que as familias fagan o deseño acompañados dos seus fillos. Despois a decoración e a construción de figuras xa é parte da inventiva do neno/a. Se clicades na imaxe tamén atorapredes un vídeo no que explican cómo facer diferentes animais, pero cremos que é mellor que primeiro deixen voar a súa imaxinación...




No hay comentarios:

Publicar un comentario