martes, 14 de abril de 2020

Lotería de números

Hoxe imos presentarvos unha pequena variante do "Bingo das operacións". A diferenza do anterior, neste caso o que imos poñer nos cartóns serán números entre o 1 e 30 e nos papeliños operacións máis complexas que inclúen sumas e restas na mesma. Vexamos como proceder:

Cada participante terá un cartón en branco como o que se adxunta e nel terá que escribir un número diferente en cada cadro, comprendido entre o 1 e o 30.


Por outra banda, se escribirán en papeliños pequenos individuais, todos iguais en forma, tamaño e color, operacións que dean os diferentes resultados entre 1 e 30. Logo meteranse enrugados nunha caixiña para ilos sacando de un en un.



Esas operacións poden ser, por exemplo, as seguintes:

7+3 - 9
5+4 - 7
4+4 - 5
7+3 - 6
3+3 - 1
8+2 – 4
9+3 – 5
6+6 - 4
7+7 - 5
6+5 - 1
9+6 - 4
8+6 - 2
8+8 - 3
5+5+4
9+9 - 3
8+5+3
10+10 - 3
9+4+5
7+9+3
8+8+4
7+7+7
11+9+2
15+5+3
8+8+8
10+5+10
9+9+8
9+9+9
20+9-1
12+8+9
10+10+10

Unha persoa se encargará de ir sacando papeliños e dicir en voz alta a operación. Os/as que teñan cartón deberán calcular mentalmente e riscar casiña cando o resultado cadre cun número seu. Se se queren reutilizar os cartóns, tamén se poden tapar as casiñas con fichas ou legumes.

Gaña a partida quen consiga tapar todas as casiñas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario