martes, 31 de marzo de 2020
Arco da vella
O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín
co seu colorido.
(...)
Se queredes, podédesnos enviar os vosos arcos da vella, como comentaramos nunha das primeiras entradas do blogue.
domingo, 29 de marzo de 2020
viernes, 27 de marzo de 2020
Caderno para os proxectos da auga
Nas imaxes anteriores presentamos a portada e unha serie de preguntas para cubrir ao realizar os diferentes experiementos que, en días sucesivos, colgaremos neste blogue. Tanto portada como preguntas pódense imprimir e decorar polas nenas/os ou, se non se dispón de impresora, pódense dispoñer nunha ficha en branco segundo a disposición que queira a nena/o.
jueves, 26 de marzo de 2020
Pasapalabra de animais
Serás quén de completar o rosco antes de que remate o tempo? Todas as definicións teñen que ver co tema dos animais. Pon a túa cabeza a pensar e presta moita atención para ver se a letra vai ao comezo (empieza) ou polo medio (contiene). Moita sorte!!
Actividade Rainbow
En relación coa actividade anterior sobre o Arco da vella, deixamos aquí outra actividade, desta vez en inglés para que os nenos practiquen cores, expresións, vocabulario...
miércoles, 25 de marzo de 2020
Actividade do Arco da Vella
Coa chegada da primavera animámosvos a realizar a actividade do Arco da Vella. Como todos sabedes o arco da vella converteuse nun icono neste confinamento que estamos a levar nos nosos fogares. Esta actividade pretende unir este símbolo coa época do ano na que nos atopamos. Baseándonos no poema "O arco da vella" de Manuel María, os nenos/as poden intentar lelo, recitalo e incluso escribilo; ademais, tamèn poderán decorar o seu arco da vella co devandito poema e co lema "Todo vai saír ben!". Esperamos que vos guste e esperamos ver os vosos deseños!!
martes, 24 de marzo de 2020
Macarena enviounos uns xogos

Xogo matamoscas
Para o xogo do matamoscas necesitaremos 2 ou 3 matamoscas ou similares (tantos coma xogadores). Hai moitas maneiras de xogar, pero consiste basicamente nun xogo de coordinación e velocidade mental e física. Co matamoscas pódense traballar numerosos contidos: sumas, xeometría, letras, tipos de palabras... Podemos facer as seguintes variantes co material preparado previamente:
- Sumas ou restas (para 1º sen levadas): dicir unha suma ou resta (p.ex. 20+5) e intentar golpear o resultado o antes posible.
- Xeometría: con pezas de diferentes cores e formas (p.ex. cadrado azul)- Letras ou palabras: sinalar palabras ou letras (p.ex. palabra con 3 letras "a")
Suscribirse a:
Entradas (Atom)